martes, 19 de junio de 2012

Calendario Escolar 2012/2013

Xa saleu publicada a Orde do 13 de Xuño do 2012 pola que se aproba o Calendario Escolar para o curso 2012/2013, nos centros docentes sontidos con fondos públicos.
Podedes mirar a orde no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/web/node/5018

jueves, 7 de junio de 2012

Axudas libros de texto 2012-2013

Gratuidade solidaria: lugar e prazo de presentación   
As solicitudes, segundo o anexo I á orde de convocatoria, entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.

Prazo de presentación
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2012, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 de setembro ao 1 de outubro de 2012, ambos inclusive.

Solicitudes e documentación   
1. As instancias poderán obterse nos centros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e tamén se poderán descargar en formato pdf.

Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2010, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2010:
  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

Contía das axudas   
Educación secundaria obrigatoria:
  • Familias monoparentais:
    • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 180 €.
    • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 104 €.
  • Resto das familias:
    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 180 €.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 104 €.
No caso de que nunha mesma unidade familiar existan varios alumnos ou alumnas que reúnan os requisitos para ser causantes destas axudas, percibirase a contía que corresponda por cada un deles, segundo o establecido nesta convocatoria.
O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha minusvalidez igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos desta orde recibirá un importe de 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.
Os menores que se atopen en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia recibirán a axuda máxima correspondente ao ensino e curso en que estean matriculados.
Podedes consultar toda a información no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

viernes, 1 de junio de 2012

Campaña en defensa da ensenanza publica.

La Asociación Ciudadan@s por la Educación Pública ha iniciado una campaña en defensa de la Educación Pública", con la presentación de un vídeo que lleva por título "Yo estudié en la Pública".
Es el primer vídeo de una serie que irá saliendo en las próximas semanas. Este primer vídeo es una presentación, una brevísima introducción de los protagonistas del resto de la serie. Los próximos vídeos (irán saliendo cada diez o quince días) presentan un "diálogo" de todas las personalidades que han participado en la campaña sobre los rasgos fundamentales que caracterizan a la enseñanza pública, igualdad, integración, cohesión social, pluralidad, creatividad, etc. con un contenido más reflexivo y analítico.

Resumo da Asemblea Xeral

Resumo Da Asemblea Xeral

Borrador do Plan de Convivencia

Borrador Plan de Convivencia