martes, 18 de enero de 2011

Resumo da Asemblea Xeral

Estimados pais/nais do Ies Fraga do Eume:
Queremos facervos partícipes do acontecido na Asemblea que celebramos o pasado día 11 de novembro do 2010 no centro escolar. Destacamos e agradecemos enormemente a presenza dos pais/nais alí presentes, e igualmente a súa participación.
Ás 6h, en 1ª convocatoria, e ás 6:30h, en 2ª convocatoria, sendo 20 persoas comenzamos tratando os seguintes temas:
1º-Lectura e aprobación da memoria da acta anterior. Apróbase.
2º-Lectura e aprobación da memoria económica. Apróbase.
_A subvención do Axuntamento no ano 2009 está aprobada, pero aínda non ha hemos recibido, e a do 2010 aínda non presentamos os papeis.
-A subvención de deportes está aprobada para a adquisición das mesas de ping-pong, vamos a solicitar que a modifiquen pola de teatro.E para as mesas de ping-pong falaremos có centro.
-Proponse: -conseguir unha mesa de futbolín, para dinamizar os recreos.
-Grupos de dinamización entre os alumnos, para axudar ós máis pequenos cando chegan ó centro: para integrarse, comunicarse, relacionarse...( plan de acollida para o alumnado)
3º-Renovación da Xunta Directiva da Anpa, a actual presidenta manifesta o seu desexo de deixar a directiva e solicita que mais persoas entren na directiva,preséntase voluntaria Dna. Mónica Núñez, e a Asemblea aproba esta nova incorporación. dado que non hai unha posición persoal clara dos cargos que pode ocupar cada unha, apróbase que cando as persoas teñan clarificadas as posibilidades persoais modificaranse os cargos segundo sexa aprobado pola propia xunta directiva, seguindo mentres tanto e ata aquel momento os cargos tal e como estaban.
Chegado este momento a Asemblea optou coa conformidade dos alí reunidos empezar a comentar aspectos que lles preocupaban e sobre os que querían comentar, así fomos falando do que sigue:
-Dós libros desaparecidos o centro non recibiu queixa algunha. É importante que as queixas métanse por rexistro, para que queden arquivadas.
-Fálase dos roubos que houbo no centro, da responsabilidade ou non do centro, de falar estes temas e que queden claros.
-As queixas repítense ano tras ano, proponse un rexistro por titores, os cales levarían estas queixas directamenteata os que lles corresponda, onde se valorarían.
-O Anpa o ano anterior meteu moitos escritos por rexistro, pero sen resposta, queixa que foi levada a Xefa Territorial. Agardamos resposta da mesma.
-Os pais/nais, esperan á reunión do Anpa para falar e dar as súas queixas. Por tanto, como representantes no Consello Escolar, o Anpa somos a voz deses pais/nais, que sen poñer nomes, tratamos os temas dos que temos dúbidas e nos preocupan.
-Fálase da posibilidade de usar o buzón de suxerencias que está na entrada do centro, para usalo como se facía uns anos atrás.
-Proponse poñer na Revista Escolar, cartas ó director onde se recollan suxerencias;ou ben o anpa facer un boletín mensual onde os pais/nais poidan poñer as súas ideas, comentarios.....
-Os libros este ano, déronnos nunhas clases moito máis cedo que noutras. Non se entende como no Breamo, a entrega dos libros foi máis cedo que no noso centro. Preguntaremos.
_A responsabilidades dos libros nas aulas, ¿quen a ten?, ¿quen é o responsable da aula?. A os delegados non se lles han dado as normas do seu cargo, polo tanto queremos que se lles especifiquen as súas funcións, para que sexan conscientes das súas competencias.
-O Plan de convivencia está por aprobar.Hai un borrador feito pero non recolle ningunha das nosas propostas presentadas ata o momento. No seo do consello Escolar o equipo directivo declárase incapaz por falta de tempo de implicarse en dinamizar a participación do alumnado e das familias e nos convida a traballar nós nesa participación. queremos facer un bo Plan de Convivencia na que teñamos cabida tod@s. Un exemplo o temos no Plan de Ames, o cal afonda nos temas de convivencia, define conceptos clave para a mesma como poden ser: conflito, empatía, asertividade....; ten en conta todos os sectores, e analiza todas as posibles causas que poden incidir nas conductas negativas reiteradas dun alumn@ na aula (disrupción), traballan a prevención destas conductas e no noso caso de producirse teñen un tratamento individual e priman as medidas a nivel educativo. Imos estudar vías de participación, pensamos en cuestionarios, xornadas, etc.. e os interesados poderán poñerse en contacto connosco a través do no blog, correo, buzón, ou vindo ao centro os xoves de 6 a 8h.
-Tema de Mediación, o centro confórmase co plan que teñen.
-O Anpa propón facer curso de mediación todos os anos para os novos alumnos. Que tod@s aprendan en que consiste a mediación e sobre todo na posibilidade de resolver os conflitos de xeito non violento, isto é: falando.
-Acceso ós profesores. Os pais/nais queíxanse das dificultades que atopan moitas veces para falar cos profesores.Moitos pais/nais ven lóxico coñecer aos profesores dos seus fill@s, pero hai temas que debíanse tratar directamente co profesor implicado, e nalgún caso non resulta fácil, ata teñen dito que "non" en primeira instancia. tamén se comenta que os titores podían facilitar a comunicación cos pais/nais a través do correo electrónico.
-Pensamos que é importante que os pais/nais veñan falar cós profesores, pois os nosos fillos os coñecemos na casa pero non os coñecemos realmente nas aulas. e ao mesmo tempo, tamén os profesores descoñecen cousas dos nosos fill@s.
_Por norma xeral os pais/nais diríxense ao titor, pero dentro do Proyecto Abalar, prevese a comunicación dos profesores cos pais/nais a través do correo electrónico.Esta comunicación tamén a levan a cabo outros titores do centro. E de desexar que esta iniciativa se amplie a todos.
-Felicitamos e agradecemos o Equipo Directivo a presentación deste curso académico. Gústanos que puxeran en valor o centro que temos, todos os plans cos que contamos, a mellora das súas instalacións e a consideración mostrada e o trato dado aos pais/nais.
-Valoramos moitísimo que o centro teña unha Programación Xeral como a que ten, cun Plan de Mellora (é un plan de mellora das programacións, e de consensuar os modelos de avaliación ao alumnado), un Plan de Biblioteca, un Plan Proa ( de reforzo), Axenda 21( de coidado do medio ambiente), etc.
-Pensamos que se debería consensuar criterios de avaliación por cursos e materias, e cada profesor debería dar información sobre os criterios de avaliación da súa asignatura ( canto puntúa cada pregunta dun exame, mostra dos exames na aula, etc.).
-O ano pasado a anpa traballou facendo: planteamentos, apelando ó inspector, freando o Plan de Convivencia: pois consideramos que está escaso e incompleto.
_Que se chege a un acordo sobre 2º de Bacharelato, referido a que cando un alumno saca un suspenso nunha materia, e non houbo abandono escolar, quede aprobado por enriba de 3, e suspenso por debaixo de 3, como noutros centros. o pasado curso o profesorado non chegou a un acordo a favor dunha medida así.
-Diñeiro da neve; tocou a lotería, e houbo xente que non veu cobrala e o centro co acordo do Consello Escolar a da Comisión Económica ( e co parabén do Anpa) aprobaron mercar con ese diñeiro: equipos multimedia para as clases de inglés.
-Aínda queda diñeiro por usar aberto ás nosas suxerencias.
_Houbo pais/nais, que se queixaron de que polo menos parte destes cartos non revertera nos propios alumnos que participaron na excursión e que venderon lotería, xa que a excursión é cara e moitas economías se resínten.
-Tras esta experiencia pensamos que noutra ocasión estas cousas teñen que quedar faladas e pactadas co grupo de pais/nais que participen na actividade.
-Para a próxima vez, da lotería encargarase o Anpa ou os pais/nais ou alumn@s de organizala, pois o centro prefire non levar por máis tempo o tema, tiveron problemas é moita responsabilidade.
-Cotas das actividades de Teatro e Canto, increméntase en 2 euros a partir de xaneiro, debido á subida do IVE.
_A cota anual do Anpa, incrementarase o vindeiro ano (2 euros), quedando a cota en 12 euros.
-Mochilas, ¿como solucionar para que non leven tanto peso nelas?. Imos pensar nelo.
-Duchas de auga fría, na última hora de educación física. Hai que arranxalo. estamos nelo.
-Renovación do Equipo Directivo do Centro, non sabemos se o actual equipo directivo vai seguir ou non.
Con isto rematamos a xuntanza sen haber tocado puntos que tíñamos recollidos na orde do día, pero ca satisfación de haber falado de temas que preocupan ós pais/nais deste centro.

Resumo da Asemblea Xeral

Resumo Da Asemblea Xeral

Borrador do Plan de Convivencia

Borrador Plan de Convivencia