martes, 29 de junio de 2010

Actividades Extraescolares

Estimados pais/nais:
Un ano máis os nosos rapaces/as de Coro e Teatro han actuado nas actividades programadas polo centro e máis a que programamos a Anpa para a festa de fin de curso, para os pais que asistiron darlles as grazas pola súa colaboración, e para os que non poideron vir amosámosvos as distintas actuacións dos rapaces/as esperando que para o ano que ven poidan asistir.
Ata o curso que vén,e moi feliz verán para tod@s.

Coro

Coro

Coro

Coro

Teatro parte2

"A VERDADEIRA HISTORIA DE CARRAPUCHIÑA VERMELLA"

Teatro parte1

"A VERDADEIRA HISTORIA DE CARRAPUCHIÑA VERMELLA"

martes, 15 de junio de 2010

Faite soci@

Estimados pais/nais:
Unha vez máis animámosvos a colaborar cá Anpa co obxetivo de mellorar a calidade da educación dos nosos fill@s. A continuacíón vou darvos dez boas razóns para pertencer e traballar nunha Anpa.
1.-Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e fillas.
2.-Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
3.-Porque un movemento de pais/nais agrupados fai que as iniciativas e peticións de éstos sexan vistos con maior respecto polas Administracións Públicas, profesorado, pola sociedade, etc.
4.-Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do Centro Escolar.
5.-Pola importancia de "levar" aos Consellos Escolares a presencia dos pais e nais, organizados nas Anpas, para defender os intereses de todos, non os individuais.
6.-Porque se os pais e nais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fill@s.... por quen o faremos?.
7.-Porque se os pais e nais non somos activos e participativos, como explicar aos nosos fill@s que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde podan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio fucturo?.
8.-Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
9.-Porque as Anpas deben traballar pola integración no seu contorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.
10.-Porque tod@s somos necesarios para mellorar a calidade da vida dos nosos fillos e fillas.
Para facerte soci@ da Anpa tes que ingresar a cota anual que é de 10 Euros,(un só ingreso por familia, independentemente do número de fill@s.), ó número de conta é: 2080-0201-96-300019-4160 de Caixa Galicia.Recordade que si facedes o ingreso a través do banco poñer o nome do rapaz/za.


Resumo da Asemblea Xeral

Resumo Da Asemblea Xeral

Borrador do Plan de Convivencia

Borrador Plan de Convivencia