viernes, 28 de mayo de 2010

Propostas da Anpa para o Plan de Convivencia

Hola a tod@s e grazas por adiantado pola atención que nos podades prestar.Imos poñer por escrito as nosas propostas sobre o Plan de Convivencia, xa que cremos que o borrador presentado polo equipo directivo podemos melloralo se o enriquecemos coas aportacións de tod@s, nun interese de que este proxecto nos pertenza a tod@s.
1.-Proposta:
Pedimos que se garantan as accións e o tempo preciso para que a participación do alumnado sexa real. (e fundamental que o profesorado informe ben o alumnado neste aspecto).
2.-Proposta:
Pensamos que é fundamental definir conceptos como: agresión, matonismo, acoso, vandalismo, disciplina, comportamientos disruptivos, sexismo, xenofobia, marxinación,, convivencia,respecto, tolerencia, liberdade.......), para que tod@s saibamos de que estamos a falar. Ademais este traballo de conceptualización vaise converter nun material educativo de primeiro orde para: a formación en valores, a convivencia, e a adquisición das competencias sociais e cidadás do noso alumnado.
3.-Proposta:
Queremos poder analizar os problemas de convivencia dende a súa orixe e con transparencia.Que o plan de convivencia teña en conta todos os factores que podan incidir nos problemas de convivencia, veñan de onde veñan.Tamén de nós :pais e nais.
4.-Proposta:
Poder ver esas enquisas no marco do observatorio de convivencia e analizar os seus resultados.
5.-Proposta:
Entendemos que o plan de convivencia ten que dar resposta a estes agravios, non podemos quedar de brazos cruzados si non se recollen os dereitos do alumnado en primeiro lugar a:
-Unha educación de calidade e baseada en valores, entre eles o de convivencia, resolución pacífica de conflitos(non ser insultados, non ser ninguneados, non referirse a eles con ironía, nin ridiculizando.....).
-As normas teñen que ser para tod@s, puntualidade( na hora de entrada y saída), cumprimento das tarefas(tamén a corrección de deberes, traballos e exames,¿e o prexuizo cando o profesor esquece que había exame e non o trae preparado e ten que quedar para outro día?......).
-Participación democrática na vida e funcionamento de centro, normas de aula consensuadas, funcións democráticas dos delegados, celebracións periódicas de asembleas en horario escolar, rexistro por parte dos tutores das queixas do alumnado, informe-acta das queixas e as súas respostas a xefatura do centro.
-Entendemos que calquera comportamento do profesorado(positivo ou negativo) está a influir nos/as rapaces/as, porque queiran ou non os/as profesores/as non son só transmisores de coñecemento e información; son transmisores de valores, de pensamento, de capacidade crítica...
Para nós, todo isto é convivencia.Polo de agora estas son as nosas propostas, e esperamos co vindeiro martes 1 de xuño todos xuntos aportemos máis ideas porque estamos a falar de algo moi importante dun plan de tod@s para tod@s.

jueves, 27 de mayo de 2010

Asemblea Xeral Extraordinaria

Os esperamos a tod@s. É importantísima a vosa asistencia, estar ó día do que sucede no centro, coñecer as inquedanzas doutras familias, propostas, relacionarnos os padres e nais, coñecernos, en resumo adoptar unha posición activa na educación do máis importante para nós:os nosos fill@s.
O próximo martes 1 de Xuño, as 5.30H, en 1ª convocatoria, e ás 6H en segunda, coa seguinte orde do día:
1ª- O Plan de Convivencia.
2ª-Os resultados das avaliacións.
3ª-Entrevista có inspector.
4ª-Colaboración ca revista Lusco-Fusco.
5ª-Debate sobre o aparcadoiro.
6ª-Debate sobre o decreto do Plurilingüismo.
7ª-Festival fin de curso.
8ª-Mesas de ping-pong.
9ª.Rogos e preguntas.

viernes, 21 de mayo de 2010

Plan de Convivencia

Estimados pais e nais:
Dende a anpa queremos aproveitar para informarvos que se está levando a cabo a elaboración do plan de convivencia do centro,é moi importante a vosa colaboración, as vosas aportacións, a dos nosos fill@s, queremos un plan de tod@s para tod@s e para que isto se leve a cabo é necesario que todos xuntos traballemos para sacar adiante este plan.O vindeiro 1 de Xuño combocaremos unha asamblea para tratar este tema e outros máis, e esperamos a vosa asistencia que é fundamental.Os achegamos o borrador do plan de convivencia que se encontra na páxina web do centro: http://centros.edu.xunta.es/iesfragadoeume/ , é moi importante que lle votedes unha ollada e opinedes del, podedes facernos chegar a través deste blog as vosas achegas, propostas o que consideredes oportuno.
Esperando as vosas propostas.
Un sáudo moi garimoso.

Festa de Fin de Curso para 4º da Eso

Ola chic@s:
Estades a punto de acadar a vosa formación obrigatoria e o Anpa "As Fragas" quere celebrar con vós esta nova etapa organizando unha festa de "despedida".Pero queremos que sexades vós que nos digades como organiza-la festa, que se vai a celebrar o 24 de Xuño,de 18..00 as 21:00 horas, e vos propoñemos tres opcións a elexir:
a) Un karaoke con baile, (o sen el).
b) Un Dj ( no que daredes renda solta ás vosas habilidades debaile).
c) A actuación dun grupo musical; tamén coa opción de baile ou non.
Podedes deixar a opción que máis vos guste no buzón da Anpa,( se vós dará unha nota informativa para que elixades a forma de facernos chegar as vosas opcións), ou a través deste blog.
A data tope para recibir as vosas propostas será o 25 de maio.
Un saúdo afectuoso para tod@s.

jueves, 13 de mayo de 2010

Campus de Fútbol

Están dirixidos a tod@s rapaces de 9 a 13 anos Os deportes que practicarán serán técnica,táctica, xogo e adestramento de porteiros e practicaranos nas instalacións deportivas da Torre (A Coruña) e Acea de Ama (Culleredo)Aloxaranse na residencia do Ies Cruceiro Baleares de Culleredo.Para mais información na páxina web http://www.dicoruna.es/
Tamén podedes acudir ó voso ayuntamento onde os informarán. Recordade que as inscricións poden facerse desde hoxe mesmo ata o dia 11 de Xuño.

Campamentos deportivos

Están dirixidos a tod@s rapaces de 9 a 13 anos.Os deportes que poderán practicar serán golf,vela, tenis e voleipraia e aloxaranse no colexio Calvo Sotelo da Coruña.Para mais información mirar as bases ma páxina web http://www.dicoruna.es/.
Tamén podedes acudir ó voso ayuntamento onde os informarán e recordade que as incricións poden facerse desde hoxe mesmo ata o 11 de Xuño.

martes, 11 de mayo de 2010

Uso e Riscos de Internet

O vindeiro 25 de maio as 18:00 h, expertos da garda civil impartirán unhas charlas sobre o Uso e Risco de Internet orientada os pais e nais de alumos de secundaria.Esta conferencia farase en colaboración ca Anpa Augabar no Ies Breamo. Esperamos a vosa colaboración.

Resumo da Asemblea Xeral

Resumo Da Asemblea Xeral

Borrador do Plan de Convivencia

Borrador Plan de Convivencia