martes, 20 de diciembre de 2011

miércoles, 26 de octubre de 2011

martes, 11 de octubre de 2011

Asemblea Xeral Ordinaria

Estimados pais/nais:

Informámovos que estades todos convivados a asistir á próxima Asemble Xeral Ordinaria que celebraremos o 19 de octubro (mércores), as 5:00h en primeira convocatoria e as 5:30h en segunda convocatoria, co seguinte orde do día:

1- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.

2- Presentación da memoria económica do curso anterior, e previsión económica para o presente curso.

3- Presentación da memoria de actividades do curso anterior, e programa de actividades para o presente curso.

4- Nova Xunta Directiva e captación de socios.

5- Recortes no profesorado e situación dos alumn@s afectad@s
6- Suxestións e preguntas.

É IMPORTANTE A PARTICIPACIÓN DO MAIOR NÚMERO DE PAIS/NAIS


ESPERAMOS A VOSA ASISTENCIA

viernes, 7 de octubre de 2011

Acto da Confapa co Conselleiro de Educación

Estimados pais/nais:
Confapa-Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié da Coruña, organiza o vindeiro 15 de octubre (sábado) un acto ao que acudirá como único convidado o Conselleiro de Educación D. Xesús Vázquez Abad. O tema principal será o orde que regula a xornada de traballo do profesorado, as medidas de supresión de actividades complementarias e extraescolares para o curso 2011-2012 que anuncian numerosos claustros de profesores, e todas aquelas cuestións que querades expor na quenda de intervencións.
Os pais/nais interesados en acudir ao acto podedes deixar os vosos datos( nome e apelidos e nº de teléfono) no buzón da Anpa, ou no correo electrónico antes do día 13 (xoves).

Esperamos a vosa asistencia.


lunes, 3 de octubre de 2011

Escrito publicado no xornal "La Opinión"

Estimados pais/nais:
Mandámosvos el enlace del escrito publicado no xornal "La Opinión" o sábado 1/10/2011.

Pinchade aquí:
http://http//www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2011/10/01/padres-fragas-alertan-xunta-pretende-suprimir-asignaturas-optativas/537443.html




Saúdos de todo o equipo directivo da Anpa "As fragas"

domingo, 2 de octubre de 2011

ESCRITO PARA O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN

A Anpa "As Fragas" do Ies "Fraga do Eume" de Pontedeume queremos facerlle chegar a nosa preocupación e malestar ante a situación que estamos a vivir no noso centro, e que decidimos transmitirlle tra-la Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 27 de septembro de 2011, e que pasámoslle a relatar, aínda que pensamos que xa será coñecedor da situación que nos leva a dirixirnos a vostede:


Atopámonos á espera de resposta da súa Consellería sobre a continuidade dos estudos de optativas de modalidade nos bacharelatos de letras puras ( latín e grego) , e nos bacharelatos tecnolóxixos ( debuxo técnico), dos/as rapaces/zas que elixiron estas optativas, e que ven amenazada esa continuidade no seu instituto por non acadar o mínimo de alum@s, cando todos estos anos nos foi concedido o permiso especial para imparti-las nestas mismas circunstancias, coa particularidade de que os/as profesores/as están no centro. Entendemos que esto supón un grande perxuicio para os/as nosos fill@s e unha privación dos seus dereitos.


A mesma circunstacia dase cos alumn@s de 4ºESO, tanto nas optativas de modalidade (latín) , que lles pasaría o mesmo que ós de bacharelato; coma noutras optativas que lles deron a elixir na hora da matrícula, e por non acadar o mínimo "exixido" quedan tamén sen as clases de informática ou iniciativas emprendedoras, tendo obrigatoriamente que recibir clases de francés ( asignatura que moitos deles non deron no curso pasado). Igualmente entendemos que os/as nosos fill@s atópanse nuha situación de desigualdade, estando cursando estudos obrigatorios. Tendo en conta ademais , que neste caso o profesorado ofrécese e está disposto a reorganizarse e impartir estas asignaturas, cousa que hasta o momento non se permiteu, e sería unha boa solución.


Pregámoslle que as situacións descritas se resolvan favorablemente e á maior brevedade posible para estes estudantes, dada a incertidumbre na que nos atopamos toda a comunidade educativa, e que non é positiva para ninguén.Facéndolle chegar este escrito, que tamén traladamos á prensa, e queremos que saiba que senón recibimos contestación pola súa parte nos veríamos obrigados a facer unha serie de actuacións pola loita dos dereitos dos/as nosos/as fill@s.


Sen outro particular, á pronta espera da súa resposta, en Pontedeume a 30 de Setembro de 2011.

sábado, 24 de septiembre de 2011

Asemblea Xeral Extraordinaria

Dirixímonos a tod@s os pais/nais do Ies "Fraga Do Eume" para informar da próxima Asemblea Xeral Extraordinaria da Anpa "As Fragas" que celebraremos o próximo mércores 28 septembro as 4:30h en primeira convocatoria e as 5h en segunda cun único punto na orde do día:

Os recortes do profesorado por parte de Consellería de Educación e a súa repercusión no noso centro.

É importante a participación do maior número de pais/nais.

Xa que aínda que agora non estamos tod@s afectados nun futuro vainos tocar os demáis e debemos estar informados/as.



ESPERAMOS A VOSA ASISTENCIA

jueves, 22 de septiembre de 2011

ESCRITO PARA A PRENSA

A anpa "As Fragas" en Asemblea Xeral Extraordinaria de data 28/09/2011, decide poñer en coñecemento da opinión pública a situación que están a vivir os alumn@s do Ies "Fraga do Eume". Vimos de saber por unha reunión dos pais/nais coa dirección do centro, que a Consellería de Educación pode desestimar a autorización a este centro de impartir clases con menos de 5 alumnos, como va sendo habitual nos últimos anos, xa que o Ies "Fraga Do eume" conta cun número reducido de alumn@s na súa matrícula.
Explicámonos:

Pode ocorrer que os/as alumn@s de 1º e 2º de Bacharelato que escolleron as optativas de modalidade no Bacharelato de letras puras ( latín e grego) e Bacharelato de tecnolóxicas (debuxo técnico), atópanse coa imposibilidade de continuar os seus estudos neste instituto, se a Consellería non lle dá a autorización para dar clase a grupos de alumn@s inferior a 5. Ata agora non houbo resposta tan só a insinuación da suspensión destas clases proporcionando as seguintes alternativas:
Ou ben que cambien a outro instituto para estudar o bacharelato elexido, ou ben que continúen no centro onde están a facer a modalidade de "distancia", as asignaturas as que non se acada o mínimo de 5 alumn@s. Coa gran paradoxia de que no instituto contan cos profesor@s que imparten estas asignaturas de Latín , Grego e Debuxo Técnico, pero sin darlles clase, se deciden quedarse no centro a estudar estas asignaturas na modalidade a "distancia". Todo un derroche de recursos nestes tempos de crise e recortes.Os pais/nais da anpa "As fragas", temos moitas incertidumbres e dúbidas e facémonos as seguintes preguntas:
En caso en que os/as rapaces e os seus pais/nais decidan ir ao outro instituto a cursar o bacharelato que elixiron:

-Terían que mercar de novo todos os libros, que fan entón cos libros xa mercados?, quen paga estes libros cuio precio non baixa de 30€ cada un?.
-No Ies "Fraga do Eume" contamos con transporte escolar, xa que todos eles son de zona rural e de concellos conlindantes.
-No Ies "Breamo" non dispoñen de tranporte escolar, aínda que utilizan o transporte interurbano,os horarios de estos servicios non coinciden cos horarios escolares, e estamos a falar de menores de idade,¿ Cómo resolveríamos esta cuestión?
-Os días que teñen clase pola tarde os rapaces do Ies "As Fragas do Eume" dispoñen dun servicio de comedor no instituto, por ser da zona rural, no Ies "Breamo"non, xa que a maioría dos rapac@s viven no pobo.¿ Onde comerían est@s alumn@s?
-Por último, e non por elo menos importante, est@s rapac@s levan xuntos moitos anos co resto dos seus compañeiros, e xeraron entre todos eles uns vínculos de convivencia e amizade que se romperían o cambiar de instituto,nunha etapa da súa vida na que os seus iguais son moi importantes .Así coma os vínculos establecidos cos seus profesor@s nun momento da súa formación no que o cambio lles suporía unha situación de desigualdade e unha presión maior da que xa están a vivir agora. Porque teñen que cambiar de instituto si este é o que lles corresponde?. Xa lles tocará ter que ir cada un polo seu lado.
Pola outra banda, se @s rapc@s e os seus pais/nais decidiran escoller a modalidade de seguir no Ies "Fraga Do eume", para evitarse todas estas situacións complicadas e inxustas,
sen embargo terían que estudar pola súa conta asignaturas tales como Latín e Grego ou Debuxo Técnico, asignaturas que requiren sen dúbida do acompañamento dun/dunha docente que lles oriente e ensine estas materias.E aínda que os profesores extarían no centro non poderían darlles clase, e senón son capaces de estudar pola súa conta terían que buscar un profesor particular para acadar os coñecementos necesarios que lle van a pedir nos exames do curso e na selectividade,para poder concurrir en igualdade de condicións co resto d@s estudiantes que si tiveron a oportunidade de contar cun/ha profesora . Todo esto co agravante de que @s profesor@s estaría no centro pero non poderían darlles clase.
Preguntámonos :¿Cantos pais/nais poden permitirse pagar esas clases nos tempos que corren?.

-Comentamos agora as dificultades nas que a Consellería pon aos alumn@s de 4º da Eso:
Por unha banda, o centro lles deu a posibilidade na matrícula de elexir ata un total de catro optativas:informática, francés, cultura clásica e iniciativas emprendedoras. De todas elas, os/as rapac@s só poden facer francés, ¿Por qué?. Porque a Consellería reduciu o número de profesor@s neste instituto, como en moitos outros, e non hai máis que a opción de Francés, tendo o inconveniente que moitos destes alumn@s non deron francés no curso anterior; ou elixiron outras optativas ( informática) perspectiva de estudar un bacharelato relacionado con esta optativa. Por que lles prantexan a opción de elexir tantas optativas si ao final non lles van a dar a oportunidad de poder estudialas, ben pola falta de profesores,ben pola falta dun número mínimo de alumnos.

Consideramos que na maioría dos casos estos problemas poderíanse evitar sempre que a Consellería de Educación tivera a ben ter máis interese e poñer un pouquiño da súa parte, xa non deberían de ofertar unha asignatura que non van poder impartir, sexa por falta de profesorado, ou por , según eles, non acadar un nº mínimo de alumnos.

Os pais/nais desta comunidade educativa estamos realmente preocupados, pero esperamos e desexamos que todo isto teña unha rápida solución favorable para tod@s , para @s alumn@s en primer lugar, profesor@s e pais/nais, pero vendo como están as cousas , e aínda que estamos a comenzar o curso,ou cambian algunha normativa , ou vai ser unha loita contante curso tras curso, para que os nosos fill@s poidan estudar o que queren onde queren e con quen queren; algo ao que teñen dereito.


E nós os/as pais/nais vamos a reclamar este dereito con todas as accións que sexan necesarias.



POR UNHA ENSINANZA DE CALIDADE E EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS.










miércoles, 6 de julio de 2011

Calendario Escolar curso 2011-2012

Por orde do 24 de Maio de 2011 da Consellería de Educación e Ordenanza Universitaria, publicada no dog núm 103 do 30 mayo de 2011, apróbase o calendario escolar para o curso 2011/2012 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Podedes consultar o dog no seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110530/AnuncioC3F1-250511-2148_gl.pdf

domingo, 19 de junio de 2011

GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTO 2011/2012

Estimados pais/nais:

Un ano máis convócanse axudas para a adquisición de libros de texto, para 1º e 3º da Eso hai unha
convocatoria dirixida ás familias en función da súa renda no ano 2009 (gratuidade solidaria).
Para 2º e 4º da Eso manterase o sistema de cesión de uso dos libros nas materias que non cambien de idioma (gratuidade solidaria plurilingüismo).
Para máis información podedes acudir a secretaría do centro, e na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadedelibrosdetexto


Un saúdo moi garimoso de toda a Xunta Directiva.

miércoles, 8 de junio de 2011

Festa de fin de curso para os alumn@s de 4º da ESO.

Ola chic@s, e estimad@s pais/nais:


Os/as alumn@s de 4º da ESO están a punto de acadar a súa formación obrigatoria.A partires de aquí tomarán camiños diferentes: uns/unhas continuaredes ó bacharelato ou ciclos neste centro,outr@s vos marcharedes a outros institutos,... En fin,que este remate de curso sinala unha nova etapa nas vosas vidas (viaxe de "findecurso" incluído).


A Anpa "As Fragas" quere celebrar con tod@s os/as alumn@s do centro esta nova etapa, organizando unha festa de "despedida" da ESO. E imos facelo coa vosa participación;a de alumn@s e pais/nais. A festa, vaise celebrar o día 20 de xuño (luns) de 18:00 a 21:00h no patio interior do instituto (onde están as mesas de ping-pong), despois de algunhas sorpresas que vos mostraremos no comedor do centro.


Teremos unha merenda, na que vos pedimos a tod@s; alumn@s e pais/nais contribuiades, aportando cada un/unha de vós unha "cousiña rica para comer". Os refrescos e bebidas irán a cargo das arcas da Anpa. Como fin de festa propoñémosvos, dado o éxito da festa do ano anterior, que veña o noso Dj especial;CHENCHI, que sen dúbida algunha animará a festa coa súa música,¡¡¡¡¡¡e poderemos bailar!!!!!!!.


Podedes indicar a vosa colaboración na merenda (totalmente voluntaria e prudente) no buzón da Anpa, que está ao lado da conserxería, enviarnos un e-mail a :anpaasfragas @yahoo.es , ou ao noso blog:www//anpaasfragasdoeume.blogspot.com. Ë importante que nos deixedes unha maneira de contacto por si nos atopamos con unha sobre oferta de tortillas, e poder repartir mellor, parécebos ben?.


A data tope para recibir as vosas propostas ten que ser o xoves día 16 de xuño, para poder organizalo todo.


Finalmente gustaríanos saber cant@s estaríades interesad@s na fotomontaxe que estamos preparando (4ºEso), e a que fixemos o ano pasado (1ºde bacharelato), para facer as copias, e poder entregárvolas o mesdo día da festa.



Esperando as vosas respostas enviámosvos un saúdo garimoso.












jueves, 12 de mayo de 2011

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011



Estimados pais/nais:



Un ano máis celébraseo o 17 de Maio o "Día Das Letras Galegas", este ano o homenaxeado e Lois Pereiro e vamos a facer un repaso á obra de este autor.

Lois Pereiro ( Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996).

Autor de culto, representante de eclosión creativa dos 80 e da contracultura. "Nas letras galegas constitúe unha liña de intensidade vital e de formas contemporáneas. Alguén, como di Manuel rivas, semellante á figura de Manuel Antonio nos anos 20". Con estas palabras presentaba Méndez Ferrín, presidente de Real Academia Galega (RAG) a Lois Pereiro, o autor que se homenaxea no Día das letras Galegas 2011. Del dixo tamén Manuel Rivas: "é un mito contemporáneo. A súa obra é vanguardista, universal e tamén dramática, pero con moito alento. Lois Pereiro invoca aos bos espíritus, as marabillas, a rebeldía e a xenerosidade"

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos (Lugo) en 1958. Con dezasete anos marcha a Madrid para cursar estudos en Políticas que abandona logo para introducirse na informática e nos idiomas. En Madrid inicia a súa traxectoria literaria na revista experimental Loia xunto cun grupo de universitarios galegos como Antón Patiño, Menchu Lamas, Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Fermín Bouza e Vicente Araguas, e da que só se coñecen catro números (o último é de 1978). Nesta publicación apareceron algúns dos poemas do escritor monfortino que posteriormente se incluirán no seu libro Poemas para unha Loia(1996), no que tamén se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar e para facer xirar a rida hidraúlica dunha cíclica historia universal da infamia" que fora dado a coñecer a través das páxinas da revista Luzes de Galiza.

Xa de regreso a Galicia, Pereiro forma parte do Grupo de Amor e Desamor que editou dous libros con ese mesmo título. Pereiro figura, pois, nas antoloxías colectivas De amor e desamor(1984) e De amor e desamorII(1985) nas que tamén aparecen Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel rivas, Xavier Seoane, Fraisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de tendencias moi diversas pero que compartían inquedanzas culturais. A iniciativa deste mesmo grupo débese tamén o mantemento da revista Luzes de Galiza onde, ademáis do mencionado ensaio, viron a luz os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Naúfragos do paradiso.

Pereiro tamén foi incluído en 1987 na antoloxía Después de la modernidad na que aparecían Luis Alberto de Cuenca, Bernardo Atxaga, Felipe Benitez ou Pedro Casariego. En Galicia Lois Pereiro compaxina profesionalmente o exercicio da tradución co labor poético, e contribuiu coas súas aportacións a artellar varias antoloxías colectivas

Aínda que publicou poemas e artigos en varias revistas culturais, non foi ata 1991 aparece a primeira das súas dúas únicas obras publicadas en vida: Poemas 1981/1991 (1992). Tres anos máis tarde edítase Poesía última de amor e enfermidade (1995). Os dous poemarios son duras e espidas obras nas que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e a certos trazos da contracultura.

Lois Pereiro falece enfermo en a Coruña en 1996. aperecen póstumos: Poemas para unha loia(1997), recopilación da súa primeira poesía que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidraúlica dunha cíclica historia universal de infamia; e a novela inconclusa Naúfragos do paradiso,publicada en Luces de Galiza.

A Real Academia Galega desta as "colaboracións" do poeta lucense,"sempre reticente á difusión individual do seu traballo" e lembrou as súas contribucións como letrista a Radio Océano e como redactor de guións televisivos. A RAG sinala,tamén. que Pereiro cultivou desde os seus inicios "unha imaxe e unha estética" que fixeron del un "autor de culto":"cartagrafiou como ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para elo o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo". A RAG entende que a súa proposta artística callou na sensibilidade emerxente sumerxida no posmodernismo e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo e acuciante". Reivindicou o "Compromiso" da súa obra, "a temática a a súa forma", ademáis do seu carácter "contemporáneo".

Obra en galego:

Lois pereiro(1992). Poemas:1981-1991, Edicións Positivas, S.L.
Lois Pereiro(1995).Poesía última de amor e enfermidade(1992-1995), Edicións, S.L.
Lois Pereiro(1997).Poemas para unha loia, Espiral Maior.

























martes, 19 de abril de 2011

Plan Mellora Presentado Pola Anpa

Plan Mellora Presentado Pola Anpa

jueves, 14 de abril de 2011

Charla sobre o Transtorno de Déficit de Atención (TDA)

Estimados pais/nais:
Queremos invitarvos a unha interesante charla a cargo da Psicóloga Mª José Garabito que se vai celebrar no instituto Fraga do Eume o vindeiro martes 26 de abril ( xusto despois das vacacións de Semana Santa), as 19:00 horas, na biblioteca do centro.
O tema da charla é: O Transtorno de Déficit de Atención (TDA). O interese do tema é grande, xa que é unha dificultade na aprendisaxe, que hoxe en día afecta a cada vez máis estudantes e está pensado para que nós como pais-nais podamos entendelos e axudalos. Incluso aínda que non teñamos fill@s con esta dificultade hai estratexias que tamén pódennos resultar útiles.
Esperando a vosa colaboración.
Saúdos de todo o Equipo Directivo da Anpa.

viernes, 1 de abril de 2011

Actividades de Formación en Linguas Estranxeiras 2011

Estimados pais/nais:

A Consellería de Educación e Ordenanza Universitaria convoca 3.730 prazas para realizar actividades en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2011.

Destinatarios:

Alumnado de centros educativos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de:

-6ºEP.

-1º,2º,3º e 4º da ESO.

-1º e 2º Bacharelato.

-Ciclos formativos de grao superior con módulo de lingua estranxeira.


Para máis información entra na web: http://www.edu.xunta.es/axudasle

Recordade que tedes o prazo aberto ata o 12 de abril (non incluido).


Saúdos do Equipo Directivo da Anpa.


viernes, 25 de marzo de 2011

Asemblea Xeral Ordinaria

Ola a tod@s os pais e nais do centro:
Informámosvos de que estades tod@s convidados a participar na Asemble Xeral Ordinaria da Anpa "As fragas" o xoves 31 de Marzo ás 5:30h en 1º convocatoria e ás 6h en 2º convocatoria na biblioteca, coa seguinte orde do día:
  1. Participación e acercamento dos pais/nais e presentación de novos integrantes da Anpa.
  2. Resultados e análise da primeira e segunda avaliación.
  3. Valoración dos reforzos e apoios educativos (Proa), do centro.
  4. Plan de Convivencia e Reunión cos delegad@s das aulas.( funcións, información.....).
  5. Seguimento dos acordos tomados na última Asemblea, e ratificación da nova directiva.
  6. Tema do aparcadoiro.
  7. Subvencións e novas adquisicións para o centro.( mesas de ping-pong).
  8. Outros temas. ( Entrevista coa Xefa Territorial, Encontro co Director e Orientadora, Charla sobre Drogodependencia, Charla de déficit de atención para pais/nais, Teatro para adultos, destacar Coro e Pepín, 1º de bachiller subir nota, recuperacións, aprobado con 1 materia suspensa(2ºde bachiller), concurso Moldes, documentación que se sobe ó blog...
  9. Suxestións e Preguntas.

AGRADECENDO A VOSA PARTICIPACIÓN, ESPERÁMOSVOS.

miércoles, 2 de marzo de 2011

Elección de Logo

LOGOS




Saúdos a tod@s os alumn@s de 4ª da Eso, dende a Anpa queremos que participedes na elección dun dos logos que vos amosamos. Polo tanto pedímosvos que votedes o logo que máis vos goste. Os logos van numerados do 1 ao 12, só tedes que votar o número do logo.


Sempre á vosa disposición.


¡ESPERAMOS OS VOSOS VOTOS!


viernes, 4 de febrero de 2011

Xunta Directiva

SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN


PRESIDENTA: ADELAIDA ABAD ISLA

VICEPRESIDENTA: YOLANDA BUSTABAB CERNADAS

SECRETARIA: MÓNICA TORRES AGUILERA

TESOREIRA: JOSEFINA FRAGA LEIRA

VOCAL 1º: Mª DOLORES SANMARTÍN ALONSO

VOCAL 2º: Mª JESÚS GONZÁLEZ FORMOSO

VOCAL 3º:Mª ROSA MALVÁREZ GONZÁLEZ

martes, 18 de enero de 2011

Resumo da Asemblea Xeral

Estimados pais/nais do Ies Fraga do Eume:
Queremos facervos partícipes do acontecido na Asemblea que celebramos o pasado día 11 de novembro do 2010 no centro escolar. Destacamos e agradecemos enormemente a presenza dos pais/nais alí presentes, e igualmente a súa participación.
Ás 6h, en 1ª convocatoria, e ás 6:30h, en 2ª convocatoria, sendo 20 persoas comenzamos tratando os seguintes temas:
1º-Lectura e aprobación da memoria da acta anterior. Apróbase.
2º-Lectura e aprobación da memoria económica. Apróbase.
_A subvención do Axuntamento no ano 2009 está aprobada, pero aínda non ha hemos recibido, e a do 2010 aínda non presentamos os papeis.
-A subvención de deportes está aprobada para a adquisición das mesas de ping-pong, vamos a solicitar que a modifiquen pola de teatro.E para as mesas de ping-pong falaremos có centro.
-Proponse: -conseguir unha mesa de futbolín, para dinamizar os recreos.
-Grupos de dinamización entre os alumnos, para axudar ós máis pequenos cando chegan ó centro: para integrarse, comunicarse, relacionarse...( plan de acollida para o alumnado)
3º-Renovación da Xunta Directiva da Anpa, a actual presidenta manifesta o seu desexo de deixar a directiva e solicita que mais persoas entren na directiva,preséntase voluntaria Dna. Mónica Núñez, e a Asemblea aproba esta nova incorporación. dado que non hai unha posición persoal clara dos cargos que pode ocupar cada unha, apróbase que cando as persoas teñan clarificadas as posibilidades persoais modificaranse os cargos segundo sexa aprobado pola propia xunta directiva, seguindo mentres tanto e ata aquel momento os cargos tal e como estaban.
Chegado este momento a Asemblea optou coa conformidade dos alí reunidos empezar a comentar aspectos que lles preocupaban e sobre os que querían comentar, así fomos falando do que sigue:
-Dós libros desaparecidos o centro non recibiu queixa algunha. É importante que as queixas métanse por rexistro, para que queden arquivadas.
-Fálase dos roubos que houbo no centro, da responsabilidade ou non do centro, de falar estes temas e que queden claros.
-As queixas repítense ano tras ano, proponse un rexistro por titores, os cales levarían estas queixas directamenteata os que lles corresponda, onde se valorarían.
-O Anpa o ano anterior meteu moitos escritos por rexistro, pero sen resposta, queixa que foi levada a Xefa Territorial. Agardamos resposta da mesma.
-Os pais/nais, esperan á reunión do Anpa para falar e dar as súas queixas. Por tanto, como representantes no Consello Escolar, o Anpa somos a voz deses pais/nais, que sen poñer nomes, tratamos os temas dos que temos dúbidas e nos preocupan.
-Fálase da posibilidade de usar o buzón de suxerencias que está na entrada do centro, para usalo como se facía uns anos atrás.
-Proponse poñer na Revista Escolar, cartas ó director onde se recollan suxerencias;ou ben o anpa facer un boletín mensual onde os pais/nais poidan poñer as súas ideas, comentarios.....
-Os libros este ano, déronnos nunhas clases moito máis cedo que noutras. Non se entende como no Breamo, a entrega dos libros foi máis cedo que no noso centro. Preguntaremos.
_A responsabilidades dos libros nas aulas, ¿quen a ten?, ¿quen é o responsable da aula?. A os delegados non se lles han dado as normas do seu cargo, polo tanto queremos que se lles especifiquen as súas funcións, para que sexan conscientes das súas competencias.
-O Plan de convivencia está por aprobar.Hai un borrador feito pero non recolle ningunha das nosas propostas presentadas ata o momento. No seo do consello Escolar o equipo directivo declárase incapaz por falta de tempo de implicarse en dinamizar a participación do alumnado e das familias e nos convida a traballar nós nesa participación. queremos facer un bo Plan de Convivencia na que teñamos cabida tod@s. Un exemplo o temos no Plan de Ames, o cal afonda nos temas de convivencia, define conceptos clave para a mesma como poden ser: conflito, empatía, asertividade....; ten en conta todos os sectores, e analiza todas as posibles causas que poden incidir nas conductas negativas reiteradas dun alumn@ na aula (disrupción), traballan a prevención destas conductas e no noso caso de producirse teñen un tratamento individual e priman as medidas a nivel educativo. Imos estudar vías de participación, pensamos en cuestionarios, xornadas, etc.. e os interesados poderán poñerse en contacto connosco a través do no blog, correo, buzón, ou vindo ao centro os xoves de 6 a 8h.
-Tema de Mediación, o centro confórmase co plan que teñen.
-O Anpa propón facer curso de mediación todos os anos para os novos alumnos. Que tod@s aprendan en que consiste a mediación e sobre todo na posibilidade de resolver os conflitos de xeito non violento, isto é: falando.
-Acceso ós profesores. Os pais/nais queíxanse das dificultades que atopan moitas veces para falar cos profesores.Moitos pais/nais ven lóxico coñecer aos profesores dos seus fill@s, pero hai temas que debíanse tratar directamente co profesor implicado, e nalgún caso non resulta fácil, ata teñen dito que "non" en primeira instancia. tamén se comenta que os titores podían facilitar a comunicación cos pais/nais a través do correo electrónico.
-Pensamos que é importante que os pais/nais veñan falar cós profesores, pois os nosos fillos os coñecemos na casa pero non os coñecemos realmente nas aulas. e ao mesmo tempo, tamén os profesores descoñecen cousas dos nosos fill@s.
_Por norma xeral os pais/nais diríxense ao titor, pero dentro do Proyecto Abalar, prevese a comunicación dos profesores cos pais/nais a través do correo electrónico.Esta comunicación tamén a levan a cabo outros titores do centro. E de desexar que esta iniciativa se amplie a todos.
-Felicitamos e agradecemos o Equipo Directivo a presentación deste curso académico. Gústanos que puxeran en valor o centro que temos, todos os plans cos que contamos, a mellora das súas instalacións e a consideración mostrada e o trato dado aos pais/nais.
-Valoramos moitísimo que o centro teña unha Programación Xeral como a que ten, cun Plan de Mellora (é un plan de mellora das programacións, e de consensuar os modelos de avaliación ao alumnado), un Plan de Biblioteca, un Plan Proa ( de reforzo), Axenda 21( de coidado do medio ambiente), etc.
-Pensamos que se debería consensuar criterios de avaliación por cursos e materias, e cada profesor debería dar información sobre os criterios de avaliación da súa asignatura ( canto puntúa cada pregunta dun exame, mostra dos exames na aula, etc.).
-O ano pasado a anpa traballou facendo: planteamentos, apelando ó inspector, freando o Plan de Convivencia: pois consideramos que está escaso e incompleto.
_Que se chege a un acordo sobre 2º de Bacharelato, referido a que cando un alumno saca un suspenso nunha materia, e non houbo abandono escolar, quede aprobado por enriba de 3, e suspenso por debaixo de 3, como noutros centros. o pasado curso o profesorado non chegou a un acordo a favor dunha medida así.
-Diñeiro da neve; tocou a lotería, e houbo xente que non veu cobrala e o centro co acordo do Consello Escolar a da Comisión Económica ( e co parabén do Anpa) aprobaron mercar con ese diñeiro: equipos multimedia para as clases de inglés.
-Aínda queda diñeiro por usar aberto ás nosas suxerencias.
_Houbo pais/nais, que se queixaron de que polo menos parte destes cartos non revertera nos propios alumnos que participaron na excursión e que venderon lotería, xa que a excursión é cara e moitas economías se resínten.
-Tras esta experiencia pensamos que noutra ocasión estas cousas teñen que quedar faladas e pactadas co grupo de pais/nais que participen na actividade.
-Para a próxima vez, da lotería encargarase o Anpa ou os pais/nais ou alumn@s de organizala, pois o centro prefire non levar por máis tempo o tema, tiveron problemas é moita responsabilidade.
-Cotas das actividades de Teatro e Canto, increméntase en 2 euros a partir de xaneiro, debido á subida do IVE.
_A cota anual do Anpa, incrementarase o vindeiro ano (2 euros), quedando a cota en 12 euros.
-Mochilas, ¿como solucionar para que non leven tanto peso nelas?. Imos pensar nelo.
-Duchas de auga fría, na última hora de educación física. Hai que arranxalo. estamos nelo.
-Renovación do Equipo Directivo do Centro, non sabemos se o actual equipo directivo vai seguir ou non.
Con isto rematamos a xuntanza sen haber tocado puntos que tíñamos recollidos na orde do día, pero ca satisfación de haber falado de temas que preocupan ós pais/nais deste centro.

Resumo da Asemblea Xeral

Resumo Da Asemblea Xeral

Borrador do Plan de Convivencia

Borrador Plan de Convivencia