miércoles, 17 de noviembre de 2010

Eleccións ao Consello Escolar

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
PARTICIPA

Estimados pais/nais:
O obxetivo da escola é proporcionar unha formación integral ós alumnos,a mellor maneira de conseguilo é mediante a implicación de todos os sectores que conforman a comunidade educativa: centro, pais/nais, profesores, alumnos e persoal non docente.
Os pais/nais tamén estamos na obriga moral de vir votar, porque:
¡¡¡Quen mellor, que un pai/nai para defender o dereito a unha educación
de calidade dos seus fillos/as!!!

VEN VOTAR: XOVES 25 DE 18:00 A 21:00H.

A xunta directiva da Anpa formamos un verdadeiro equipo no que actuamos por consenso e repartímonos as tarefas.

As candidatas da Anpa que se presentan para o Consello Escolar son:

  1. Yolanda Bustabad Cernadas.
  2. Josefina Fraga leira.
  3. María Jesús González Formoso.

E por ultimo decirvos que a vosa participación é importante, non delegues nos demáis a túa responsabilidade como nai ou pai e acude a votar. É o momento de ca túa voz se oiga no Consello Escolar do teu centro. Non deixes que decidan outros por ti.

Sempre a vosa disposición. Un saúdo.







.

































martes, 9 de noviembre de 2010

Cea de Nadal

A Anpa ¨As Fragas¨ no noso empeño de facer que os pais/nais participedes da vida do centro dun maior e mellor coñecemento entre nós , convidarvos a asistir a Cea de Nadal que será o día 2 de Decembro no comedor do instituto. O custo da cea por cuberto é de 6 euros, e ademais da cea está previsto facer unha pequena festa en plan Karaoke.Hai un número limitado de prazas dado que o comedor do centro ten unhas dimensións e dá cabida para 100 comensais, que non son poucos.
O prazo para anotarvos a esta cea é ata o xoves 18 de Novembro, xa que temos que facer o reconto e informar ao centro. Así que teredes que apurarvos para contestar.
A través dos vosos fillos se vos entregarán as follas de inscrición, vixiar as mochilas:).
Animádevos; pasarémolo moi ben.

Actividades para Pais/Nais

Estimados pais/nais:
Dende a Anpa animámosvos a participar nunha nova actividade dirixida aos pais/nais deste centro que sería TEATRO, xa que pensamos que é unha maneira de coñecernos un pouquiño mais e pasalo ben. A actividade a faríamos cada dous xoves de 19:00 /19:30 a 21:00 horas.
O custo sería 12 euros segundo o número de anotados.Tamén teríamos un número limitado de persoas, que rondaría entre 15 e 20. Esta actividade queremos facela extensible aos profesores/as que queiran participar.
Animádevos; pasarémolo moi ben.
Esperamos as vosas inscripcións que se entregaran próximanente.
Saúdos de todo o equipo da Anpa.

Convocatoria-Reunión

Estimados pais/nais:
A dirección do centro anuncia que o vindeiro mércores 10 de Novembro convócavos para concretar ó horario das clases de reforzo de matemáticas e de conversación de inglés as 19:00H
na Biblioteca da Centro, esperamos a vosa asistencia.

viernes, 5 de noviembre de 2010

Asemblea Xeral Ordinaria

Estimados pais/nais:
Un ano máis informámosvos de que estades tod@s convidados a participar na 1ª Asemblea Xeral Ordinaria deste novo curso escolar, que celebraremos o día Xoves 11 de Novembro as 6H da tarde en primeira convocatoria e as 6:30H en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
1.-Lectura e aprobación da acta da Asemblea Anterior.
2.-Aprobación da Memoria Económica e memoria de Actividades.
3.-Informacións varias:
-Entrevista coa Xefa Territorial da Consellería de Educación e co Inspector con data do 24 de Octubro.
-Proyecto Abalar: Comunicación cós pais/nais a través de internet.
4.-Propostas referidas ó centro 2010-2011:
- Plan de Convivencia (pendente de aprobar).
-Participación do alumnado e das familias no centro.
-Resultados das avaliacións por curso e materias.
-Mellora do funionamento do Consello escolar e Observatorio de Convivencia.
-Coordinación do profesor e titorías.
-Respostas a os escritos presentados pola Anpa.
5.-Outras informacións e propostas:
-Subvencións da deputación Provincial para as Actividades Extraescolares.
-Diñeiro da neve, dudas e aclaracións.
-Cotas de Teatro e Canto.
-O Aparcadoiro.
-Cea de nadal para pais/nais e fill@s, que será o diá 2 de decembro.
6.- Suxestións e Preguntas.

Resumo da Asemblea Xeral

Resumo Da Asemblea Xeral

Borrador do Plan de Convivencia

Borrador Plan de Convivencia